ATTAC GALICIA

O vindeiro 11 de novembro de 2010, ás 20,30 no Café Bar Parada, estaremos con:
ATTAC GALICIA
Fundada en 1998, Attac(Asociación por un Imposto sobreas Transaccións financeiras e de axuda a cidadanía)promove e realiza accións de todo tipo para a reconquista,polos cidadáns, do poder que a esfera financeira exerce sobre todos os aspectos de a vida política, económica, social e cultural no conxunto do mundo. A súa actividade esténdese ao conxunto dos campos da acción cidadá para construír alternativas á crise sistémica, social, financeira, ecolóxica que o mundo coñece. Movemento de educación popular, organiza conferencias,reunións públicas, participando en manifestacións… Desde finaisde 2008, Attac está presente en máis dunha cincuentenade paises; Attac conta con máis de 41.000 membros incluídas persoas xurídicas (sindicatos, asociacións, órganos de prensa)y multitud de Comités locais.

0 comentarios:

Publicar un comentario